top of page
INICIO

Centro Creativo Musical

CLASICA, JAZZ E FOLK
A ESCOLA

A ESCOLA

O CCMUS ou CENTRO CREATIVO MUSICAL é unha escola que funciona baixo  a Asociación Centro Creativo Galego (CCGA). O Centro Creativo Galego ofrece formación de múltiples disciplinas artísticas.

 

Respecto á Música, o Centro Creativo Musical funciona de forma diferente aos conservatorios e as escolas de música oficiais, pois apostamos por un sistema innovador utilizado en Centro Europa que nos diferencia. Nun mesmo día de clase impartimos instrumento, linguaxe musical e música de conxunto. Isto permite maximizar o tempo (nos conservatorios e algunhas escolas son varios días a pesar de que o tempo é o mesmo) e tamén permite que o alumno integre mellor a linguaxe musical, aprendendo a ler só o que vai a tocar co instrumento. Desta forma, entenderá mellor que o que está na partitura é unha representación do que está tocando e non ao revés.

 

No CCMUS, pódese escoller un ou dous días de clase á semana, segundo o interese do alumno ou alumna; e a elección do instrumento que se quere estudar é totalmente libre por parte do interesado. Tamén impartimos ensinanza para adultos, ademais da ensinanza para rapaces e rapazas dende os catro anos.

 

A NOSA FILOSOFÍA.

O máis importante é que os alumnos se divirtan creando, xogando, tocando. O fundamental é a creatividade e que esa creatividade se transmita. É por iso que somos unha escola de artes. Queremos que os alumnos se empapen da nosa filosofía facendo que todas as actividades sexan de carácter transversal. Todos os nosos alumnos saberán de primeira man como funcionan as disciplinas artísticas e así poden ter criterio propio para decidir e continuar creando...

 

En definitiva, ese é o espírito de CCMUS.

 

AS ACTIVIDADES.

Ofrecemos clases durante todo o ano, especializadas e personalizadas. E tamén organizamos diversos obradoiros e talleres específicos nas nosas escolas.

ENSINANZAS

Clásica

 

Cando nos referimos a Música Clásica, estamos a falar da Música que se interpreta exclusivamente para ser oída nun concerto e ser executada por instrumentos que integran unha Banda de Música ou unha Orquestra Sinfónica, como poden ser o violín, violoncello, clarinete, frauta, óboe, saxofón, trompeta, trompa, trombón e outros. Tamén pode ser interpretada a Música Clásica por Grupos de Cámara, en tríos, cuartetos e quintetos; para realizar concertos en salas de dimensións máis pequenas.

 

 

Jazz

 

É un tipo de Música onde de relacionan a Música Europea e a Afroamericana, na que se utiliza no ritmo o swing e a improvisación persoal dos músicos que a interpretan. Utiliza instrumentos da Música Clásica, sendo os máis habituais o piano, saxofón, clarinete, trompeta, trombón, contrabaixo, guitarra e batería. É un tipo de Música que tivo o seu nacemento a comezos do século vinte e que se difundiu por todo o mundo ata chegar os nosos días.

 

 

Folk

 

É a música folclórica moderna, na que se utilizan instrumentos típicos de cada rexión para interpretar pezas de carácter tradicional ou de nova creación, como poden ser a gaita, a zanfona, o acordeón, o violín, e outros similares. A Música Folk utiliza temas musicais folclóricos xa existentes, facendo deles unha reinterpretación máis moderna, ou creando temas orixinais tomando o estilo da música tradicional.

ENSINANZAS

INSTRUMENTOS

A proposta do CCMUS para a ensinanza dos Instrumentos é unha proposta innovadora, integrando todas as ensinanzas musicais necesarias dentro da clase do instrumento. Abórdanse estas dunha forma totalmente práctica e respetando o desenvolvemento do alumn@ individualmente, segundo a súa idade e as súas capacidades persoais en cada momento da aprendizaxe.

 

Dende o comezo integrase o alumn@ nun grupo humano e musical, facendo a práctica en pequenas agrupacións, nas que se fomenta o traballo en equipo, cun proxecto en común e coa necesaria aportación de tod@s, como non pode ser doutra forma dentro dunha agrupación musical. Este tipo de traballo é un complemento importante á educación escolar para os pequenos, sendo a cooperación unha cuestión definitiva na sociedade actual.

 

Para os adultos, pode ser a oportunidade de realizar unha actividade que lle resulte amena en compañía doutr@s, sen ter que integrarse nun centro oficial. Esta ensinanza realizase dunha forma totalmente personalizada, segundo as preferencias d@ alumn@ e acordando a forma de levala a cabo co profesor.

PIANO
CANTO
GUITARRA
DE CORDA
DE VENTO
PERCUSION

METAL E MADEIRA

BATERIA

VIOLIN E VIOLONCELLO

INSTRUMENTOS
A FORMACIÓN

A FORMACIÓN MUSICAL

Iniciación Musical.

Esta ensinanza está recomendada para nenos e nenas de entre 4 e 7 anos. A través desta materia o neno toma contacto coa música dunha forma natural e sinxela, tocando instrumentos de láminas ou teclado, o que permite que vaia adquirindo coñecementos que estimulen a súa capacidade auditiva e musical no relativo ao ritmo e á melodía.

 

En Iniciación Musical fanse exercicios de canto, ritmo e de conceptos musicais en xeral. Trabállase a psicomotricidade e desenvolvemento auditivo, elementos que axudarán ao neno a aprender a ler e escribir con maior facilidade. Ao mesmo tempo móstranselle os instrumentos musicais en vivo, dentro da escola, para que os vaia coñecendo e así poder elixir, se é o caso, o instrumento que máis lle guste para poder tocalo.

 

Linguaxe Musical e Teoría da Música.

É a forma pola que se comunica a Música e o seu estudio, facilítanos a lectura das partituras onde se reflexan as composicións musicais. As clases no CCMUS son totalmente prácticas e aplicadas á interpretación nos instrumentos. Impártese en grupos reducidos de alumnos, con unha atención personalizada, traballando a entoación, a rítmica e os conceptos teóricos.

 

Armonía, Composición e Análise Musical.

É o estudio da técnica para enlazar e analizar os acordes, estudando a súa construción, así como as progresións destes e os principios de conexión que os rixen. Polo xeral adóitase entender que a harmonía fai referencia ao aspecto “vertical” (notas simultáneas, que na partitura escríbense unha sobre outra) da música, que se distingue do aspecto “horizontal” (a melodía, formada pola sucesión de notas, que se escriben unha detrás doutra).

VIGO

Avda. Camelias, 53

36211 Vigo

Telfs. - WhatsApp: 644 73 74 80 – 698 13 96 53

Correo: info@ccmus.eu

Facebook: centrocreativomusical

Web: www.centrocreativomusica.com

LOGO NEGRO.png
VIGO
MORRAZO

MORRAZO

Rúa Donato Bernárdez, 7 – Entr. A

36950 As Barxas – Moaña

Telfs. - WhatsApp: 622 16 56 47 – 698 13 96 53

Correo: info@ccmus.eu

Facebook: centrocreativomusical

Web: www.centrocreativomusica.com

LOGO NEGRO.png

CONTACTO

¡Tus datos se enviaron con éxito!

CONTACTO
PARA WEB2.png
bottom of page