top of page

BATERÍA

Os instrumentos de percusión son un tipo de instrumentos musicais nos que o son se prodúce ao ser estes golpeados ou axitados. É quizais a forma máis antiga de instrumento musical. Poden obterse unha gran variedade de sons segundo as baquetas ou mazos que se usen para golpear algúns dos instrumentos de percusión. E estes poden ser usados tanto para crear patróns rítmicos de acompañamento doutros instrumentos, como para emitir notas musicais creando melodías, como nos xilófonos e marimbas.

 

A batería é un conxunto de instrumentos musicais de percusión usado por moitas agrupacións musicais. Este instrumento naceu da necesidade de producir diferentes percusións nun só sistema agrupado e cómodo para tocar simultaneamente por unha soa persoa.

 

 

 

drums-2599508_1920.jpg
bottom of page