METAL: TROMPETA, TROMBÓN DE VARAS, TROMPA E TUBA
Estes instrumentos tamén se tocan mediante o sopro de aire, o igual que os instrumentos de Vento-Madeira, todos eles están construídos en metal (latón ou cobre). Son Instrumentos Musicais utilizados para calquer estilo de Música, Música Clásica, Jazz, Folk, etc. E nas agrupacións musicais máis representativas, como na Música de Cámara (tríos, cuartetos, quintetos, etc), Orquestras Sinfónicas, Jazz Bands e outras.
MADEIRA: FRAUTA TRAVESEIRA, ÓBOE, CLARINETE, SAXOFÓN E FAGOT
Son Instrumentos Musicais que se tocan mediante o sopro de aire, e están construídos en madeira. Algúns tamén se constrúen en metal (latón ou cobre), como a Frauta Traveseira e o Saxofón, pero nestes o seu son é de características similares aos construídos en madeira. Son Instrumentos Musicais que se utilizan en todo tipo de Música, Música Clásica, Jazz, Folk, etc. E en diversas agrupacións musicais, como na Música de Cámara (tríos, cuartetos, quintetos, etc.), Orquestras Sinfónicas, Bandas de Música, Jazz Bands e outras.